Cando o rugby convértese en ferramenta educativa
Por Redacción
O Mareantes e o Pontevedra Rugby Club están empeñados en que o seu deporte siga crecendo na comarca, e por iso puxeron a súa mira nos centros educativos.
Máis de 300 alumnos e alumnos de Pontevedra e comarca participaron hai uns días no I Torneo de Rugby Cinta Escolar celebrado no campo de Monte Porreiro.
Tratábase dun encontro organizado como colofón á proposta educativa pola que profesores de educación física achegaron aos seus alumnos a práctica deste deporte como ferramenta, transmitindo os seus valores de respecto, solidariedade ou disciplina.
O torneo desenvolveuse baixo a modalidade de rugby en cinta, que se caracteriza pola ausencia de contacto e por estar deseñada para xogadores principiantes. Ademais monitores de rugby ensinaron como afrontar unha melé, unha placaxe ou a touche.
O proxecto educativo está promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración co Centro de Formación e Recursos do profesorado.
Trátase dunha primeira experiencia pero que, aseguran desde os clubs pontevedreses, nace con vocación de continuidade, co obxectivo de formar a profesores e que cada ano máis novos poidan entrar en contacto coa práctica do rugby.