O Breogán do Grove, protagonista da Copa de España de maratón disputada en Pontevedra
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
A Copa de España de maratón que se disputou en Pontevedra demostrou o dominio do Breogán do Grove na especialidade de canoa, mentres Tania Fernández, do Kaiak Tudense, logrou a praza para competir no Campionato de Europa que se disputará en Croacia.
A xornada tivo como protagonistas aos deportistas do Breogán. Tono Campos e José Manuel Sánchez lograron impoñerse en C-2. Ambos superaron na liña de chegada aos seus compañeiros de equipo Óscar Graña e Diego Romero, cos que se mantiveron igualados ao longo de toda a competición. No terceiro posto clasificáronse Miguel Fernández e Adrián Fernández, tamén do Breogán.
En K-2 impuxéronse Miguel Llorens e Luís Pérez, do Ribadesella, que eran os considerados como favoritos. Cumpriron o prognóstico. O Kaiak Tudense participou coa embarcación composta por Emilio Llamedo e Álvaro Fernández Fiuza. Loitaban por estar no Campionato de Europa. A falta de cinco quilómetros para chegar á meta tamén tiveron que abandonar.
Na categoría feminina foron Tania Fernández, de Kaiak Tudense, e Tania Álvarez, do Breogán do Grove, as que cruzaron en primeira posición a liña de chegada. Con ese posto lograban clasificarse para o Campionato de Europa. En toda a regata demostraron ser mellores que os seus rivais e foron capaces de dosificar o esforzo nos últimos quilómetros. Nerea Hidalgo e Ainhoa Hidalgo, do Piragüismo Pamplona, conquistaron a medalla de ouro. A embarcación do Tania Fernández e Tania Álvarez non subiu ao podio estar composta por dous padeeiros de clubs distintos.
DAMIÁN GONZÁLEZ E IAGO MONTEAGUDO
A primeira xornada da competición de piragüismo de longas distancias que se disputou este sábado en Pontevedra contou con 559 padeeiros pertencentes a 70 clubs, informa a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP).
Damián González, do Piragüismo Verducido-Pontillon, en C-1 Sub-23 levou a prata, mentres que Rubén Dasilva do Kaiak Tudense foi ouro.
Iago Monteagudo, do Club Naval de Pontevedra, fíxose co bronce en K1 Sub-23. Foi unha proba que gañou outro deportista do Kaiak Tudense: Aarón Diéguez
A zamorana Eva Barrios (Durius) e o catalán Albert Corominas (Natacio Banyoles), en K1, e o galego Diego Romero (Breogán), en C1, clasificáronse para tomar parte no Campionato de Europa de Piragüismo na modalidade de maratón do 5 ao 8 de xullo en Croacia.