A Copa Galicia de Cruceiros estrea as súas vodas de prata entre Marín e Vilagarcía
Por Redacción
A Escola Naval Militar de Marín acolleu este martes a presentación da Copa Galicia de Cruceiros ORC, que cumpre 25 anos de vida.
Esta competición, na que participarán preto de 80 embarcacións, contará con catro regatas puntuables comezando a próxima fin de semana, os días 19 e 20 de maio, co Trofeo Almirante Rodríguez Toubes entre as localidades de Marín e Vilagarcía.
Completan a serie de regatas puntuables ata o mes de outubro a Ramiro Rey e o Trofeo Pitusa Sabín-Mar de Finisterre (ambas as do RCN Portosín) e a Guardiamarina (RCN Vigo). En total 175 millas náuticas de percorrido repartido entre as diferentes citas.
No salón de actos da Escola Naval compareceron, entre outros, a secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde e representantes das sociedades organizadoras, ademais do comandante director da institución militar marinense, José María Núñez.