O Froiz copa o podio no Campionato Galego Sub-23
Por Redacción
Culleredo foi escenario do Campionato Galego de Ciclismo en Ruta con positivos resultados para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, a pesar de que se resistiu o triunfo absoluto.
A competición elite estivo dominada polo Cortizo padronés, que copou os primeiros postos. O leonés Jesús Nanclares impúxose en liña de meta, pero non podía optar ao título e este foi para o seu compañeiro Anxo Lorenzo.
Pola súa banda o Froiz fíxose coas medallas en xogo na categoría sub-23, na que o seu corredor Diego González, cuarto na xeral, fíxose co ouro acompañado no podio por Carlos Amil e Daniel Rodríguez.
Os ciclistas do conxunto alimenticio foron os primeiros en tensar a carreira animando a outras escuadras para tratar de buscar a fuga de lonxe. Pero os continuos ataques fracasaban ante o alto ritmo do pelotón que marcaba 43,7 quilómetros de media.
Non foi ata pasado o ecuador da proba cando comezou a romper aproveitando Anxo Lorenzo a parte dura do trazado para buscar a meta en compañía do seu compañeiro Nanclares, con quen rodaría en solitario a segunda metade da carreira.
O Froiz tentou organizarse por detrás, pero sen colaboración doutros equipos non conseguiu cazar, chegando os escapados cun minuto de vantaxe á liña de meta.
Relacionadas:
-
Sergio Vega dálle ao Froiz a súa undécima Volta á Coruña
Por Redacción |
-
Quenda para os grandes obxectivos do ano no Froiz
Por Redacción |
-
Iván Martínez dálle ao Froiz o Campionato de Castela A Mancha
Por Redacción |
-
O Froiz volve liderar o ránking nacional catro anos despois
Por Redacción |
-
A Sergio Vega sóbranlle dous quilómetros na Clásica Xavi Tondo
Por Redacción |