A AD Jarnachas vence en equipos de catro na Epic Race
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O equipo coruñés da AD Jarnachas lograba vencer na cateogría de equipos a catro da segunda edición da Epic Race Pontevedra BTT tras facer un percorrido de 572 quilómetros durante esta fin de semana cun tempo de 32:26:36.
O conxunto pontevedrés Ponte1Reto acadaba a segunda posición nesta proba mentres acadaba a vitoria na Epic Race de equipos de tres, cunha formación integrada por Ramón Mella, Diego Oliveira Aboi e Xou Herves.
A edición deste ano resultou moi dura para os participantes debido ás condicións meteorolóxicas. A presenza de chuvia, frío, vento, néboa e mesmo calor provocou que os deportistas tiveran que realizar un sobreesforzo durante as horas que pasaron sobre a bicicleta.
Segunda edición da Epic Race Pontevedra BTT
Proba disputada o 25, 26 e 27 de maio de 2018
© Mónica Patxot