Antía Pérez, primeira fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción
O Poio Pescamar quere moverse rápido para deixar encamiñado canto antes o seu novo proxecto deportivo, que dirixirá desde o banco Dani Díaz.
Tras as renovacións de Silvia, Jenny e Ale de Paz, o club vermello anunciou este mércores a súa primeira fichaxe, toda unha aposta de futuro.
Trátase de Antía Pérez, canteirá do Ourense Envialia que está a piques de cumprir os 18 anos de idade e que é internacional sub-17 coa Selección Española, onde coincidiu coa xogadora do Poio Carolina Agulla.
Antía é unha "xogadora universal", explican desde a entidade da Seca, que a pesar da súa mocidade completou tres tempadas na máxima categoría co conxunto ourensán.
Por outra banda o Poio Pescamar confirmou ademais que a brasileira Delise non seguirá no equipo e causa baixa para a próxima tempada. A futbolista carioca non conseguiu adaptarse a España e decidiu regresar ao seu país.
Relacionadas:
-
Comeza a era Dani Díaz no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Silvia, Jenny e Ale de Paz, primeiras renovacións no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cae nos cuartos de final da Copa de España (5-1)
Por Redacción |
-
Sufrimento con final feliz para o Poio Pescamar, que estará na Copa de España (3-2)
Por Redacción |