A travesía a nado de Aguete chega a súa sétima edición
Por Redacción
Raxó e Aguete uniranse o vindeiro domingo 9 de setembro por sétimo ano consecutivo grazas á Travesía a nado do Real Club de Mar de Aguete.
A proba conta cun límite de participación de 150 nadadores e deportistas xa confirmados de Galicia, Madrid, Asturias e tamén Portugal.
O maior dos reto para os participantes será a ruta longa, con saída ás 10:00 horas desde o Real Club de Mar de Aguete para afrontar ida e volta con 6.800 metros de percorrido.
Pola súa banda ás 11:00 horas darase a saída desde a praia de Xiorto en Raxó á segunda opción, de 3.400 metros cruzando a ría de lado a lado.
A Travesía a nado do Club de Mar de Aguete espera converter a xornada deportiva do domingo nunha festa da natación.