O Leis inicia a liga con derrota
Por Redacción
Non puido empezar con bo pé o Leis Pontevedra a súa nova etapa na Segunda División B masculina de fútbol sala, con Mikel Diestro no banco.
O conxunto pontevedrés estreouse no Pavillón Municipal dos Deportes cunha derrota ante o Universidad de Valladolid (1-2).
Os valisoletanos puxéronse pronto co marcador a favor, aos 4 minutos, ao definir Javi no segundo pau unha acción do seu equipo, e no ecuador do primeiro acto ampliaron a súa vantaxe por medio de Miguelín.
O Leis tratou de meterse no choque, e contou con opcións para logralo, pero non foi ata o último minuto de xogo cando conseguiron recortar distancias cun gol de Gabriel.
EMPATE DO EQUIPO FEMININO
Tamén abriu curso o equipo feminino do Leis na categoría de Preferente, e fíxoo salvando un punto en casa ante o Couto Ourense (1-1).
As visitantes adiantáronse xa na segunda metade, pero Lara conseguiu facer o empate no 39, sen tempo xa para moito máis.