Positivo inicio de tempada para o rugby pontevedrés
Por Redacción
Non puido empezar mellor a tempada para os dous equipos pontevedreses nas ligas galegas de rugby, nas que volven competir por separado.
A estrea do Pontevedra Rugby Club (PRC) tivo lugar o sábado no campo de Monte Porreiro ante o CR Fendestas. Foi un duelo moi disputado que terminou decidíndose en favor dos locais (26-21), que ademais sumaron un punto extra por bonus ofensivo.
Desta forma o PRC colócase con 5 puntos no terceiro posto da LGR1, a primeira división autonómica, sendo o seu seguinte compromiso no campo do CR Lalín.
Pola súa banda o Mareantes Rugby Club Pontevedra debutou tamén con triunfo, no seu caso a domicilio ante o Campus Ourense B (27-33) nun duelo no que a pesar de adiantarse cun ensaio nos primeiros minutos tiveron que empregarse a fondo. Chegaron a gañar por 17a 33, pero os locais recortaron distancias ao final sen chegar iso si a dar a volta ao marcador.
O Mareantes sumou bonus ofensivo, polo que se coloca en segunda posición na LGR2 con 5 puntos e xa pensa na súa estrea na casa, que se producirá a próxima fin de semana ante o Muralla RC.
Relacionadas:
-
O Mareantes camiña con paso firme e o PRC encaixa a súa segunda derrota
Por Redacción |
-
Dous de dous para o Mareantes que logra derrotar (24-15) ao Muralla de Lugo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O PRC saca o rugby á rúa
Por Redacción |
-
Novos retos para o Mareantes Rugby na segunda división autonómica
Por Redacción |
-
O rugby pontevedrés prepárase para iniciar unha nova tempada
Por Redacción |