O Cisne frea o líder Torrelavega nun empate con sabor agridoce (24-24)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Notábase que o Cisne quería lograr por fin a súa primeira vitoria ante o Torrelavega, equipo líder da categoría e invicto ata a data. Pero os visitantes non quedaban atrás. Proba diso foi unha temprana exclusión nada máis comezar o partido (minuto 1), que indicaba que non ían regalar nada.
Neste tipo de encontro hai unha figura que se fai aínda máis determinante que nunca; a do porteiro. Aínda xogando ben os de casa, Marco Krimer converteuse nun muro, sobre todo durante os 15 primeiros minutos. Grazas a iso, o seu equipo conseguía alcanzar unha diferenza de ata tres goles. Con todo, Álex Chan, xogador sempre importante, sostivo ao equipo e fixo que se fosen ao descanso cun só gol de desvantaxe, anotando case a metade dos de Jabato.
A segunda parte, máis do mesmo. Moita intensidade. Con todo, boas actuacións individuais de Juan Novás e Pablo Gayoso, secundadas por unha gran defensa, lograron que o Cisne puidese darlle a volta ao marcador nas primeiras accións. A pesar diso, o cansazo e o desgaste mental conseguiron que durante case cinco minutos non lograsen anotar ningún gol, facendo que o Torrelavega empatase no 23' e deixando así un final de partido frenético.
Foi entón, cando o CGTD apertou máis que nunca, achegando ese plus de enerxía tan necesario para este tipo de encontros. Pero non puido ser. Un gol, a falta de 20 segundos de, casualmente, Duarte Batán (xogador galego fichado esta tempada polos cántabros), igualaba o resultado, deixando os do Cisne cunha soa opción de levarse o partido.
Finalmente, isto non chegou a ocorrer, impedindo así que o equipo pontevedrés se fixese coa vitoria. Deberá esperar a súa próxima cita en Alacante ante o Agustinos para tentar conseguir os seus dous primeiros puntos da tempada.
CISNE (24): Juan Novás; Ígor dos Santos, Álex Chan (5), Andrés Sánchez (4), Javi Vázquez (2), Álvaro Preciado (1), Miguel Simón -sete inicial-, Pablo Picallo (2), Bruno Vázquez (3), Marko Antelj, José Leiras, Pablo Gayoso (6), Dani Ramos (1), Guillerme Linhares, Alejandro Conde e Dani Fernández.
BM TORRELAVEGA (24): Marco Krimer; Antón Setien (4), Saúl Campo (2), Sergio Rodríguez, José Carlos Hernández (13), Isidoro Martínez (1), Duarte Batán (2) -sete inicial-, Eduardo Fernández, José Oliver, Jorge Prieto, Eugenio González, Murillo Araújo, Gerardo García, Borja Lombilla, Alejandro González e Nicolai Colunga (2).
Árbitros: Oriol Álvarex Boixaderas e Raúl Escoda Pérez. Excluíron dous minutos a Álex Chan, Miguel Simón e José Leiras, do Cisne, e a Jose Oliver, Borja Lombilla e Sergio Rodríguez, do Torrelavega.
Marcador (cada cinco minutos): 2-0, 4-3, 6-6, 7-8, 9-12, 12-13 (descanso), 14-14, 17-16, 20-18, 21-20, 23-22 e 24-24 (final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Relacionadas:
-
O Cisne vence o Puerto Sagunto e fai do CGTD un fortín (32-30)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Vitoria importantísima ante o Alarcos dun Cisne que ilusiona (28-27)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne consegue a súa primeira vitoria ante o Agustinos Alicante (26-28)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne cae ante un Novás que non deu un só respiro
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne presenta a Marko Antelj e xa mira cara ao derbi no Rosal
Por Diego Espiño |
-
O Cisne despídese da Copa do Rei en primeira rolda ao perder ante o Nava (25-31)
Por Redacción |