Álex Fernández, ante a súa lesión: "Son días jodidos. Solo tengo ganas de empezar la recuperación"
Tres ou catro meses estará Álex Fernández afastado dos terreos do xogo. O centrocampista do Pontevedra, tras confirmarse os peores prognósticos, recoñeceu que esta lesión chega nun momento "fastidiado" para el. Asegura que se atopaba "físicamente ben", contaba coa confianza do adestrador e estaba "rindiendo a buen nivel".
"Soy un jugador que con continuidad y confianza siempre voy a más. Me fastidia porque llega un momento bonito de la temporada, en el que el equipo estaba yendo para arriba y yo personalmente me encontraba muy a gusto", sinalou en rolda de prensa.
Desde o punto de vista anímico, Fernández afirma que son "días jodidos" porque "ves que vas a estar un tiempo alejado de lo que te gusta". A este respecto engadiu que "solo tengo ganas" de empezar coa recuperación, que supervisarán os servizos médicos do club e sobre a que non se marca prazos. "Cuando vuelva quiero estar al 200%", explicou.
O xogador lembrou que hai tres anos "pasé por algo similar", polo que volveron "malos recuerdos", aínda que nesta ocasión asegura estar "mentalmente fuerte" e contar co apoio e o "cariño mutuo" da familia, dos seus compañeiros e de todo o corpo técnico e directivo do Pontevedra.
Por agora, concluíu, "toca remar y apoyar al equipo desde otro lado".
Esta lesión tamén trastorna os plans de Luismi. O adestrador do Pontevedra explicou que Álex Fernández é un xogador "importante" que estaba "en un buen momento de forma" e que ao equipo "nos estaba ayudando mucho".
A pesar diso, defendeu que o plantel granate é "amplio" e que coa súa ausencia "se abren oportunidades" para outros xogadores. Con calquera deles, dixo, o once inicial do Pontevedra será igual de competitivo. Ata agora, en oito xornadas, houbo moita rotación e o rendemento do equipo "siempre ha sido bueno".
Un dos posibles recambios, recoñeceu, podería ser Berrocal que ante a Ponferradina "ha cumplido y lo hizo bien".
Luismi espera que este contratempo non afecte á marcha dun equipo que "se está asentando" e que, nas últimas xornadas, demostrou ser un conxunto "sólido" e que encaixa poucos goles, un punto para partir do que "tenemos que crecer con balón" e aproveitar as oportunidades que xurdan desde o punto de vista ofensivo.
De cara o partido do domingo, contra o Burgos, o adestrador do Pontevedra pediu non fiarse do seu lugar na táboa porque "merece tener más puntos", ao contar cun plantel "muy bueno". Entende que o encontro "no va a ser fácil", aínda que o club granate chega nun bo momento de forma "que tenemos que aprovechar".
Os xogadores están "mentalizados", explicou Luismi, que lembrou que esta tempada "estamos compitiendo bien contra equipos fuertes".
Para enfrontarse ao Burgos, do que sinalou que é un equipo "incómodo y correoso" moi firme a nivel defensivo "y con mucho peligro arriba", será clave "no cometer errores y aprovechar nuestras oportunidades".
Relacionadas:
-
Luismi perde durante varias semanas a un dos seus fixos, Churre
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Máis problemas para o Pontevedra: Romay lesionado e Competición non perdoa a David Castro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra mira cara arriba ao gañar en Burgos (0-1)
Por Redacción |
-
Burgos marca o obxectivo do Pontevedra de continuar a escalada
Por Ramiro Espiño |
-
Álex Fernández rompe e estará entre tres e catro meses de baixa por unha lesión muscular
Por Ramiro Espiño |