O Langreo será o primeiro rival do Pontevedra na súa defensa da Copa Federación
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece cal será o seu primeiro rival na defensa do título da Copa Federación.
O sorteo celebrado este venres na sede da Real Federación Española de Fútbol emparellou aos granates co Langreo asturiano (Grupo II da 2ªB) na rolda dos dezaseisavos de final, primeira na que participan como vixentes campións.
A ida fixouse inicialmente para o xoves 22 de novembro en Pasarón, a expensas de acordo entre os clubs, e a volta para o día 6 de decembro.
O outro club galego en liza, o Bergantiños como campión da fase autonómica, xogará ante outro equipo asturiano, o Lealtad de Villaviciosa.
O resto de emparellamentos son: Durango-Real Unión, Tropezón-Barakaldo, Peña Sport-Varea, Arandina-Mirandés, Peña Deportiva-Llagostera, Ejea-Poblense, Cacereño-Talavera, Navalcarnero-Mensajero, Conquense-Yeclano, Cartagena B-Socuéllamos, Huétor-Betis Deportivo B, Marbella-Ceuta, Cornellá ante o vencedor do Teruel-Roda e Inter de Madrid ante o vencedor do Alcobendas-Tenerife B.
Relacionadas:
-
A Copa Federación entra en escena para o Pontevedra
Por Redacción |
-
Descartada unha lesión de consideración de Kevin Presa, pero é dúbida para Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
Luismi perde durante varias semanas a un dos seus fixos, Churre
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Plácida vitoria do Pontevedra ante un inocente Salamanca CF (2-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra, a prolongar o seu bo momento na visita do Salamanca CF
Por Diego Espiño |
-
A praga de baixas chega tamén ao Salamanca CF, próximo rival do Pontevedra
Por Redacción |
-
Máis problemas para o Pontevedra: Romay lesionado e Competición non perdoa a David Castro
Por Diego Espiño |
-
Os penaltis deixan o Ribadumia sen título autonómico da Copa RFEF
Por Redacción |
-
Campións! O Pontevedra fai valer a renda e conquista a súa segunda Copa Federación ante Ontinyent (0-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |