O sprinter Francesc Zurita, novo reforzo para o Froiz
Por Redacción
O Grupo Deportivo supermercados Froiz segue dando pasos na composición do seu novo proxecto para a tempada 2019, un curso para o que mantén a súa forte aposta a teor dos reforzos confirmados ata a data.
O último en chegar foi o sprinter catalán Francesc Zurita, vencedor a pasada campaña da última etapa da Volta Galicia correndo nas filas do Rías Baixas e que conta con pasado en profesionais no Team Voralberg de categoría Continental.
Trátase dun velocista "de grandísima calidade", destacan desde o equipo pontevedrés sobre o seu novo corredor, que en 2015 chegou a ser quinto nun Campionato de España absoluto que gañou Alejandro Valverde.
Xunto a el chega tamén o lucense Jorge Suárez, ciclista de 18 anos que sobe desde a categoría xuvenil e con "calidade para defender calquera tipo de terreo", sinalou o Froiz.
Polo momento a escuadra dirixida por Evaristo Portela confirmou as incorporacións de Jesús Arozamena, Víctor Romero, Óscar Linares, Marcos Navarrete e o británico Jake Wright, aos que se suman Zurita e Suárez.
Relacionadas:
-
O Froiz presenta a súa nova arma para unha tempada na que aspira a todo
Por Redacción |
-
A Xunta outorga a Evaristo Portela e Nieves Gamallo a distinción ao mérito deportivo
Por Redacción |
-
O Froiz suma dúas novas pezas para o seu proxecto de 2019
Por Redacción |
-
O Froiz aposta forte pola Copa de España e confirma a fichaxe de Jesús Arozamena
Por Diego Espiño |
-
Jake Wright, acento británico para o Froiz
Por Redacción |