O Leis non logra escapar da zona baixa ao ceder pola mínima ante o Cidade de Narón (0-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Quinta derrota consecutiva do Leis Pontevedra na Segunda División B Masculina de fútbol sala, que non lle deixa abandonar os postos de descenso da categoría.
Do mesmo xeito que en xornadas anteriores, con derrotar moi axustadas, os pontevedreses mereceron mellor sorte ante o Cidade de Narón, pero terminaron cedendo pola mínima (0-1).
Foi un duelo disputado de poder a poder, con intensidade e opcións de adiantarse por ambos os dous bandos, pero os minutos foron avanzando sen que se producisen novidades. Foi así ata que no tramo final, no minuto 37, Buján conseguiu poñer por diante o Narón.
Aínda que o Leis tentou reaccionar, faltoulle acerto nos metros finais cedendo unha dolorosa derrota que lles deixa no décimo cuarto posto con 6 puntos, a 2 puntos da permanencia.
A próxima xornada, o equipo adestrado por Mikel Diestro deberá afrontar unha complicada saída á pista do líder, o Atlético Benavente.