Guillermo Fischer, representación teucrista no Mundial de balonmán
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro contará con, polo menos, un representante no Mundial de balonmán que esta semana comeza en Alemaña e Dinamarca.
Dous xogadores do conxunto pontevedrés aspiraban a estar na lista de 16 de Manolo Cadenas na Selección Arxentina, os laterais Guillermo Fischer e Andrés Moyano, pero finalmente só un deles logrou entrar na convocatoria final.
O corte pasouno Guillermo Fischer, mentres que Moyano é un dos dous descartes dados polo técnico español, aínda que permanecerá na concentración como reserva e ante unha posible baixa por lesión.
Arxentina, que parte co obxectivo de avanzar ata a segunda fase da competición, debutará na cita mundialista este venres 11 de xaneiro ante Hungría. Despois durante a primeira rolda de competición deberá enfrontarse a Suecia (13), Exipto (14), Angola (16) e Qatar (17).
Ambos os dous xogadores se reincorporaranse á disciplina do Teucro en canto conclúa a participación de Arxentina no Campionato do Mundo.
Relacionadas:
-
O Teucro ficha o lateral brasileiro Yano Piovarczik
Por Diego Espiño |
-
O Teucro recupera efectivos coa eliminación de Arxentina no Mundial
Por Redacción |
-
O Teucro volve ao traballo mentres segue á caza dun último reforzo
Por Diego Espiño |
-
Vicente Poveda convértese no primeiro reforzo de inverno do Teucro
Por Redacción |