O play-off comeza con vitoria para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
O camiño cara ao título autonómico comezou cun primeiro paso firme do Waterpolo Pontevedra, ao vencer no primeiro partido dos cuartos de final.
Os pontevedreses visitaban o Marina de Ferrol no primeiro encontro dunha serie ao mellor de tres, e saíron vitoriosos e de maneira contundente.
Os de Javi de Sáa venceron en cada un dos catro parciais para pechar un resultado de 3 goles a 12.
A cita, co resultado xa encamiñado, serviulle ao Waterpolo Pontevedra para dar minutos a xogadores xuvenís e cadetes.
O segundo encontro da serie disputarase o vindeiro sábado 9 de marzo na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, un duelo que en caso de triunfo supoñería a clasificación para as semifinais.