ÿscar Graña e Ramón Ferro dan a Pontevedra outra medalla de ouro nos Europeos de Maratón
Por Alejandro Espiño
Eran os grandes favoritos e cumpriron coas expectativas. O piragüista pontevedrés ÿscar Graña e o aurosán Ramón Ferro proclamáronse este domingo campións de Europa de Maratón na modalidade de C-2 no Europeo que se disputou esta fin de semana na localidade portuguesa de Vila Verde. Puxeron o broche de ouro a unha magnífica actuación dos padexeiros galegos que volven a casa con cinco medallas.
Ramón Ferro e ÿscar Graña, adscritos ao club Kayak Tudense, lograron o obxectivo que se marcaron no C2. Os húngaros Kover e Gyore só cederon ante os pontevedreses no treito final. Foi unha vitoria clara e sen discusión ante uns rivais que foran campións do mundo, do mesmo xeito que eles. Ademais, chegaron acompañados do terceiro posto dos españois Alan Ávila e Carlos Vega.
Este triunfo de ÿscar Graña e Ramón Ferro súmase a un fantástico palmarés no que se atopan, entre outros, os triunfos no Campionato de Europa de Ostroda (Polonia) en 2009 e nos Campionatos do Mundo de 2010 e 2012, celebrados en Bañolas (Girona) e Roma, respectivamente.