Conmoción no Cidade de Pontevedra polo falecemento dunha das súas xogadoras
Por Redacción
O tráxico accidente de circulación que lle custou a vida a tres mozos a última hora da tarde do mércores na AP-9 en Teis, deixou conmocionado a un club deportivo da cidade.
Unha das vítimas mortais, Sofía Pérez, de só 17 anos de idade, era xogadora do Cidade de Pontevedra Fútbol Sala , club que se tinguiu de loito.
"É unha auténtica traxedia", recoñecen desde a entidade, na que Sofía xogaba desde hai unha tempada.
Aínda que vivía en Redondela e os seus pais eran de Vilaboa, desprazábase a Pontevedra para gozar da súa paixón e competir co Cidade, club que milita na categoría de Preferente e que, tras a traxedia, suspendeu o seu encontro da próxima fin de semana en Bembrive, Vigo.
Sofía D.E.P. pic.twitter.com/mfDpE93m6k
— Cidade de Pontevedra (@cidade_ponte) 30 de mayo de 2019
Outros clubs, como o Poio Pescamar, ou mesmo a Real Federación Galega de Fútbol mostraron as súas condolencias ás familias dos mozos falecidos.
A @futgal decreta un minuto de silencio na xornada desta fin de semana en sinal de loito e solidariedade coas familias dos tres mozos falecidos nun accidente de coche en Vigo. Dous deles con licenza no Cidade de Pontevedra FS e na UD Nespereira.
— RFGF (@futgal) 30 de mayo de 2019
DEP
https://t.co/QcOqEoYdDf pic.twitter.com/RiZryIoOAs