O Froiz, mellor equipo amateur en Portugal

Por Redacción
O Froiz arrasou esta fin de semana na proba final do Gran Premio Abimota disputado en Portugal. Durante o desenvolvemento da mesma, o grupo pontevedrés deixou verse como un gran bloque entre os profesionais do pelotón, finalizando como o mellor equipo amateur desta competición.
Os deportistas da escuadra galega mantivéronse moi regulares durante todo o transcurso da actividade, chegando a meterse no top 10 en todas as etapas por equipos. Mención especial merecen Diego Noriega, que, nesta última xornada, logrou finalizar no décimo quinto posto, e Iván Martínez, décimo sexto nas clasificacións individual e xeral. Ademais, tanto Noriega como Lestido formaron parte dos grupos de cabeza de carreira nas etapas máis importantes da competición.
Como resultado dun gran traballo por parte dos compoñentes do cadro pontevedrés, o Froiz conseguiu un merecido terceiro posto na xeral por equipos, poñendo, así, punto e final a unha boa semana de resultados e obxectivos cumpridos.
Relacionadas:
-
O Supermercados Froiz busca a vitoria na súa carreira talismán
Por Redacción |
-
O Froiz móstrase optimista ante un dos obxectivos do ano, a Volta a Zamora
Por Redacción |
-
Arozamena consegue para o Froiz a medalla de prata no Campionato de España
Por Redacción |
-
Protagonismo do Froiz na Selección Galega que participará no Campionato de España de Ciclismo en Ruta
Por Redacción |
-
Iván Martínez dálle unha alegría ao Froiz en Salamanca
Por Redacción |
-
O surafricano Marc Pritzen reforza o Froiz ata final de tempada
Por Redacción |
-
Semana de voltas para o Froiz
Por Redacción |