O Supermercados Froiz acaba segundo na Volta a Zamora

Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz pechou a súa participación na Volta a Zamora no segundo posto da clasificación xeral por equipos. A vitoria foi para o Lizarte e o seu corredor Iván Moreno foi o vencedor no ranking individual, no que o alimenticio Martín Lestido, o mellor do seu equipo, terminou cuarto a un minuto e catorce segundos do líder.
Na última etapa, o conxunto que dirixe Evaristo Portela tivo na súa man o triunfo de etapa. O subcampión de España, Jesús Arozamena escapouse na escalada do último porto de montaña pero no descenso o grupo de perseguidores conseguiu darlle caza. A vitoria decidiuse ao sprint e o alimenticio tivo que conformarse co sexto posto.
O conxunto pontevedrés tratou de romper a carreira desde o comezo pero o trazado non se axustaba ao estilo do Froiz posto que as subidas eran moi curtas e sen terreo para abrir diferenzas decisivas.
Relacionadas:
-
O Supermercados Froiz triunfa no Gran Premio de Vigo
Por Redacción |
-
O Súper Froiz, segundo na clasificación por equipos da Volta a Vetusta
Por Redacción |
-
Dobre cita esta fin de semana para o Froiz
Por Almu Dapena |
-
O Supermercados Froiz busca a vitoria na súa carreira talismán
Por Redacción |
-
O Froiz móstrase optimista ante un dos obxectivos do ano, a Volta a Zamora
Por Redacción |
-
Arozamena consegue para o Froiz a medalla de prata no Campionato de España
Por Redacción |
-
Protagonismo do Froiz na Selección Galega que participará no Campionato de España de Ciclismo en Ruta
Por Redacción |