O Teucro vai polos 1.500 socios para a próxima tempada
Por Manu Otero
O Teucro presentou este venres a súa campaña de socios para a próxima campaña na que o obxectivo é manter os 1.300 abonados do curso anterior, aínda que o presidente, Carlos García Alén, aspira a superar por primeira vez a barreira dos 1.500 socios aproveitando que o próximo ano o club celebra o seu 75 aniversario.
Os prezos dos abonos son os mesmos que na anterior campaña na que o carné familiar ten un prezo de 200 euros, o sénior, 120; o de penas, 100; o bonificado, 70; o xuvenil, 25; e o infantil, 15.
"É unha campaña para ilusionar aos socios e a toda a cidade", dixo o mandatario teucrista. O deseño da campaña explicouno Laura do Castelo e componse de dúas pezas por unha banda un logo dos 75 anos que cumprirá o club o próximo ano envolto en chamas e, por outro un esquema circular que explica por que o Teucro necesita a todos os estamentos da sociedade pontevedresa para manterse vivo.
A razón pola que o club non reduce o prezo dos abonos para pesar do descenso radica en que este ano a cota que o club debe pagar polo concurso de acredores increméntase este ano. "O club é dos socios e necesitámolos", rematou o dirixente.
Relacionadas:
-
O Teucro tingue Pontevedra de azul
Por Manu Otero |
-
O Teucro quenta o seu debut en liga cun día azul na cidade
Por Manu Otero |
-
Malleira física e relaxación no balneario para o Teucro en Cuntis
Por Redacción |
-
O Teucro presenta a nova equipación para esta temporada
Por Almu Dapena |
-
O Teucro derrota á Cañiza na primeira rolda de Copa Galicia
Por Manu Otero |
-
Balonmán Cangas exhibe xerarquía na estrea dun digno Teucro (28-23)
Por Redacción |
-
O Teucro deseña unha pretempada con cinco partidos amigables
Por Redacción |
-
O Teucro ponse en marcha con catorce xogadores e só catro caras coñecidas
Por Manu Otero |
-
A renovación do Teucro chega tamén ao seu corpo técnico
Por Diego Espiño |