Dapena, ouro no Galego de distancia sprint de Pontevedra e bronce para Saleta Castro

© Diego Torrado

© Diego Torrado
Este sábado disputouse na casa o Campionato Galego de Tríatlon e a novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra, converténdose, así e unha vez máis, no berce deportivo desta modalidade.
A proba recibiu a mais de 550 atletas, 160 dos cales con licenza profesional. Entre eles, tomaron parte os pontevedreses Pablo Dapena, Saleta Castro e Susana Rodríguez Gacio, entre moitos outros. Aínda que Javi Gómez Noya non participou na mesma, non faltou á cita, mais, nesta ocasión, como espectador.
As inmediacións da Ponte dos Tirantes foron, de novo, o lugar tanto de reunón dos participantes como de competición, para a que se trazou un percorrido ao longo da zona do Campus Universitario e a avenida Uruguai, onde se situaba a liña de meta. Así mesmo, unha das novidades da cita foi a localización da primeira das transicións, que, nesta ocasión, realizouse na mencionada ponte.
O percorrido consistiu en 750 metros de natación, seguidos por 20 quilómetros de bici, ou o que é o mesmo, catro voltas ao mesmo; e, finalmente, 5 Km de carreira a pé (dúas voltas).
A competición de categoría elite comezaron ás 18:15 coa proba feminina, na que Saleta Castro finalizou nunha merecida terceira praza (1:07:16), conseguindo, desta maneira, facerse un oco de bronce no podio. Foi superada por Anneke Forrest, do Cidade de Lugo Fluvial, que levou o ouro, e por oselyn Brea, que se fixo coa prata.
A continuación, foi a quenda do grupo masculino. Como era de esperar, Dapena fíxose coa proba e subiuse ao banzo máis alto do podio. Cun tempo de 00:56:43, o pontevedrés conseguiu o ouro do Gallego, proclamándose mellor triatleta autonómico, seguido por Antón Ruanova e Alejandro Álvarez.
Pontevedra volve ser o berce do tríatlon
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Pablo Dapena acaba segundo no Ironman 70.3 de Buenos Aires e consegue o Slot para o Mundial de 2020
Por Redacción |
-
Bos Aires, parada de Pablo Dapena na busca da clasificación para o Mundial Ironman 70.3 de 2020
Por Diego Espiño |
-
Unha caída no tramo ciclista deixa a Pablo Dapena sen podio no Challenge Peguera
Por Almu Dapena |
-
A Xunta promete mellores servizos para o equipo de triatlón do CGTD
Por Manu Otero |
-
Gómez Noya queda fóra do podio do Mundial 70.3 de Niza e Dapena remata décimo quinto
Por Redacción |
-
Gómez Noya e Pablo Dapena, a pola gloria no mundial de Ironman de Niza
Por Manu Otero |
-
A coincidencia do triatlón e o fútbol complicarán o tráfico este sábado
Por Redacción |
-
O campionato galego de triatlón reunirá en Pontevedra a máis de 550 deportistas
Por Manu Otero |
-
Ser top 10 no Ironman 70.3 de Niza, último gran reto da tempada para Pablo Dapena
Por Manu Otero |