Abel Barros e Isabel Sáez logran a vitoria no maratón San Antón de Cuntis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A cuadraxésima edición do maratón San Antón de Cuntis reuniu na vila termal o pasado 25 de agosto a medio milleiro de participantes de todas as categorías, profesionais, afeccionados e procedentes de diversos recunchos da xeografía española e de Portugal. Organizada pola Asociación Deportiva Maratón San Antón, a proba concluíu coa vitoria, en categoría absoluta, de Abel Barros e Isabel Sáez.
O atleta morañés completou os 9,8 quilómetros do circuíto, que transcorreu polo centro da vila termal e as parroquias máis próximas, en 34 minutos e 28 segundos. Mentres que a corredora estradense fíxoo en 43 minutos e 3 segundos.
Desde a organización recoñecen que a proba resultou un éxito grazas ao bo tempo "que axudou a ter máis afluencia de público e corredores".