O UD Ourense vence a un batallador Arosa no segundo tempo (2-0)
Por Redacción
O Arosa viaxou este domingo para medirse ao UD Ourense no Couto. Despois da vitoria da pasada semana ante o Polvorín en Vilagarcía (1-0), os de Rafa Sáez, a pesar de ser superiores durante moitos minutos, non terminaron de gañar a superioridade necesaria como para volver facerse cos tres puntos.
A balanza non se decantou cara a ningún dos dous bandos durante o primeiro tempo do partido. Foron os visitantes os primeiros en crear unha ocasión perigosa tras un centro de Adrián Gómez que golpeou de cabeza Julio Rey, pero que, con todo, non chegou a materializarse no marcador. Os seguintes foron os locais, pero despois de media hora de xogo. Foi Rubén García quen, superando a Champi, case chega a facer o 1-0. Pero quedou niso. Pouco despois, un córner de Pedro García ben exposto non chegou a mans de Anxo Díez, o que fixo que o partido se fose ao descanso co electrónico aínda a ceros. A pesar de que dominou o Arousa durante os últimos minutos, cun equipo moi sólido atrás, no que apenas interveu Manu Táboas, faltou definir os centros.
O xogo renovouse con moito que decidirse. Volveu máis forte o cadro local, que nada máis empezar a segunda parte creou a primeira ocasión de gol. Táboas interveu un tiro de Dani Pedrosa. Pero pouco tardaría en caer o primeiro para os ourensáns. No minuto 57, Rubén Durán foi o encargado de materializar un penalti, que poñía aos seus por diante (1-0). Estes aproveitaron a súa vantaxe para xogar máis adiante, conseguindo o segundo pouco despois por medio de Marcos Alonso (2-0). A partir dese momento apertou o Arousa, que, a pesar das súas tentativas de reducir distancias e, polo menos, chegar a repartición de puntos, viuse obrigado a encaixar a súa primeira derrota na segunda xornada de liga.
O vindeiro domingo, os da Illa recibirán, na Lomba, ao Estradense, que esta fin de semana sumou a súa primeira vitoria de tempada ante o Paiosaco (1-0).
Relacionadas:
-
Un gol aos dez minutos de encontro dá a vitoria ao Arosa (0-1) en Vilalba
Por Redacción |
-
O desconto deixa ao Arosa co mel nos beizos (2-2)
Por Redacción |
-
Pedro Beda dá a vitoria no último minuto ao Arousa ante As Pontes (3-4)
Por Redacción |
-
O Arosa desaproveita varias ocasións de gol e cae ante o Estradense na Lomba (0-2)
Por Redacción |
-
Primeira vitoria do Arosa no regreso á competición ante o Polvorín (1-0)
Por Redacción |
-
Pegada e bo fútbol do Pontevedra para golear ao Arosa (0-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Jorge Sáez e Sékou Oumar súmanse ao proxecto do Arosa
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arosa comeza o verán con dúas baixas e outra renovación
Por Sofía Lorenzo |