Semana europea para o taekwondo pontevedrés
Por Redacción
Importante semana a que afronta o taekwondo pontevedrés, con dúas citas marcadas en vermello no calendario e que se celebrarán ambas as dúas na localidade castellonenca de Marina D'Or.
Alí terán lugar os campionatos de Europa para as categorías cadete (1-3 de outubro) e júnior (4-6 de outubro).
O primeiro en poñer rumbo a Castelló foi Sergio Troitiño (Mat's de Marín), que será un dos tres galegos que competirán en idade cadete. O marinense, ao que acompañan Samuel Meilán (Tao) e Noa Romero (Natural Sport Riveira), participará na categoría de +65 quilos prevista para a última xornada cadete, este xoves 3 de outubro.
Unha vez baixe o pano o primeiro campionato, entrarán en acción os deportistas júnior, entre os que aparece o pontevedrés Giovanni Imparato. O deportista do Mace Sport participará no peso de -51 quilos tentando repetir o éxito conseguido no principio do ano en Grecia, onde foi campión no Europeo de Clubs.
Ademais a representación galega no Europeo Júnior complétana: Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport), María Ferreiro (-44, Couto), Diana Siota (-49, Couto), Cloe Iglesias (-59, Patiño Moaña), Ainhoa García (-63, Couto), Alejandro Paz (-55, Natural Sport Riveira) e Pablo Patiño (-68, Patiño Moaña).
Relacionadas:
-
Éxito de participación na XII edición do Campionato Internacional de Taekwondo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Mace Sport atrae a 1.500 taekwondistas ao seu clásico Open Cidade de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
VÍDEO.- Sergio Troitiño consegue a medalla de ouro no Europeo cadete de taekwondo
Por Diego Espiño |
-
O taekwondista do Mace Sport, Giovanni Imparato, faise coa prata no Open de Varsovia
Por Redacción |
-
Bos resultados para o Mace Sport nos nacionais sub-21, júnior e cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
Giovanni Imparato, do Mace Sport, conquista o Europeo en Grecia
Por Redacción |