Partido vital para o Peixe Galego na visita a Marín do Almansa
Por Diego Espiño
O Peixe Galego non quere descolgarse da pelexa pola permanencia na Liga LEB Ouro, e iso pasa por conseguir canto antes a súa segunda vitoria da tempada.
Os de Marín teñen unha boa oportunidade para iso este sábado (19:00 horas) na Raña ante un rival que transita pola zona baixa da táboa, o Almasa, aínda que "sabemos que es un recién ascdendido pero por presupuesto deberían estar peleando por el play-off", avisa Javi Llorente.
Trátase dun equipo que marcha na décimo cuarta posición cun balance negativo de 4-8, con só tres triunfos máis que o Peixe marcando a zona de permanencia, de aí o vital de conseguir levar o triunfo.
Con Álex Mazaira xa adestrando co grupo á espera de recibir a alta médica, que espera para a próxima semana, a principal dúbida no cadro marinense é o estado físico de Joel Hernández, rengueante dun nocello e que non pudo adestrar con normalidade os últimos días.
Llorente ten clara a receita para tentar gañar na Raña, xa que "un partido de muchos puntos no nos va a interesar nunca". Ademais pide o apoio da afección porque "de lo que hagamos en casa van a depender las opciones que tengamos al final".