VÍDEO.- Saúl Rodríguez, do Club Acuático Umia, únese á campaña #EstaMedallaEsVuestra en beneficio de Cruz Vermella
Por Redacción
Axudar a paliar os efectos do coronavirus está ao alcance de todos. Así o entendeu un xoven nadador pontevedrés, Saúl Rodríguez, que quixo poñer o seu nome xunto grandes figuras do deporte nacional como o campión olímpico Saúl Craviotto, o piloto Maverick Viñales ou a futbolista Amanda Sampedro, entre outros.
Este pequeno deportista do Club Acuático Umia sumouse á campaña #EstaMedallaEsVuestra do operador de telecomunicacións Finetwork en beneficio do programa 'Responde' de Cruz Vermella Española, que loita contra os efectos do Covid-19.
Tras coñecer a campaña, os pais de Saúl non dubidaron en poñerse en contacto cos seus promotores para sumarse, doando a súa medalla de subcampión nacional de salvamento e socorrismo.
"Yo quiero donar esta medalla porque los sanitarios se la merecen mucho más que yo. ¡Forza sanitarios!", explicou no seu vídeo da campaña este prometedor socorrista.
As medallas e obxectos dos deportistas están a ser poxados desde o día 6 ata o día 17 de abril a través do portal Escrapalia (www.escrapalia.com). Adicionalmente á poxa, habilitarase a opción de poder realizar doazóns directas a Cruz Vermella Española.
Unha vez finalizada a poxa farase entrega a Cruz Vermella Española da recadación íntegra obtida na mesma.
Relacionadas:
-
O Acuático Umia celebra con vitoria o torneo do seu 25 aniversario
Por Redacción |
-
Mensaxe de ánimo e forza do deporte pontevedrés para superar a crise
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Club Amigos do Baloncesto súmase ao 'Queda na casa'
Por Redacción |
-
VÍDEO.- As 'vikingas' do Umia CF teñen unha mensaxe para ti
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- O Club Voleibol Pontevedra tamén anima a quedar na casa
Por Redacción |