A Real Federación Galega de Fútbol anuncia un desconto na cota dos seguros deportivos
Por Redacción
Os clubs galegos gastarán un 10,5% menos á hora de dar de alta o seguro deportivo de cada un dos seus futbolistas.
Así o anunciou este mércores a Real Federación Galega de Fútbol, como unha das súas primeiras medidas para axudar aos clubs nunha tempada na que preocupa a redución de ingresos debido á pandemia de coronavirus.
A mutualidade supón o principal gasto da maioría dos equipos, asegura a Federación.
Agora, en base ao acordo aprobado pola Mutualidad Española, aplicarase o citado 10,5% de desconto lineal nas cotas para pagar en todas as categorías do fútbol autonómico.
Este desconto, asegura a Federación Galega, supón unha bonificación total de preto de medio millón de euros.
O organismo que rexe o fútbol galego asegura que esta medida non supoñerá unha diminución na cobertura asistencial pese ao encarecemento que terá que soportar a Mutualidad como consecuencia dos protocolos Covid que deben seguirse.
Relacionadas:
-
A Federación Galega de Fútbol lanza a súa proposta para Preferente e confía en poder iniciar a liga o 31 de outubro
Por Redacción |
-
Rubiales cita o luns aos presidentes das territoriais para planificar a volta do fútbol non profesional
Por Redacción |
-
As ligas volverán en outubro; os adestramentos con contacto, en setembro
Por Manu Otero |
-
A Federación Galega prevé retomar o fútbol rexional en outubro
Por Manu Otero |