Verducido acolle esta fin de semana o campionato galego de novas promesas
Por Redacción
O Complexo Deportivo David Cal do encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, acollerá esta fin de semana o Campionato Galego de Novas Promesas 2020 para as categorías cadete e infantil.
A competición dividirase en dúas xornadas. O sábado están previstas as probas da categoría infantil que comezarán ás 9.30 horas coas regatas individuais, mentres que o domingo será a quenda para os cadetes que empezarán a competir á mesma hora.
A listaxe de rexistrados para este torneo reflicte unha gran participación. En categoría infantil participan un total de 35 equipos e 292 embarcacións. Doutra banda, o domingo tomarán parte os mesmos 35 clubs e 202 piraguas.