O derbi ante o Celta, toda unha reválida para o Arxil
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil conta as horas para vivir este sábado (19.30 horas) o primeiro partido oficial da tempada en casa, no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, coa visita do Celta Zorka en partido correspondente á terceira xornada da Liga Feminina 2.
Será toda unha proba de nivel para o cadro pontevedrés, tras a súa apurada vitoria en Coruña no inicio da competición, e é que en fronte terán a un equipo que aspira a pelexar este curso polo ascenso de categoría.
"Creo que teñen un plantel máis compensado que o ano anterior e con xogadoras bastante resolutivas" recoñece a adestradora arxilista Mayte Méndez sobre o conxunto vigués.
O Arxil mírase no espello da Copa Galicia, onde plantaron cara ao Celta a pesar de caer nos minutos finais, esperando que nesta ocasión se produza un desenlace máis feliz.
"Nós imos continuar co guión que temos marcado en nosa preparació n e trataremos de seguir dando pasos á fronte e tentar levarnos a vitoria", sinala Méndez.
O encontro, debido ás restricións impostas pola situación sanitaria, celebrarase cun aforo reducido de 60 persoas, con prioridade a xogadoras e socios do club. Ademais o partido poderá seguirse por ' streaming' a través do Canal FEB da Federación Española de Baloncesto.
Relacionadas:
-
O Arxil planta cara ante o Celta pero remata caendo por 62-67
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Vitoria sufrida do Arxil na súa estrea ligueira ante o Maristas Coruña (67-73)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil supera sen positivos os test de COVID previos ao comezo da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Suspendida a primeira xornada da Liga Feminina 2 de baloncesto "ante a falta de garantías sanitarias"
Por Diego Espiño |