O Europeo Absoluto, unha oportunidade para Sara Cortegoso
Por Redacción
O Campionato de Europa Absoluto de Taekwondo para os pesos olímpicos preséntase como unha gran oportunidade para Sara Cortegoso.
A deportista pontevedresa do Mace Sport foi citada pola Selección Nacional para tomar parte na competición continental que terá lugar na localidade croata de Zagreb.
Despois de moitos meses sen poder gozar da competición, Cortegoso probarase en categoría olímpica, onde foi dúas veces campioa nacional.
España non conta actualmente con ningunha clasificada para os Xogos de Tokyo, e aínda que Sara non está entre as favoritas a convocatoria daralle a oportunidade de probar o seu nivel de forma directa fronte ás mellores especialistas do continente.
O Europeo dará comezo o próximo día 10 de decembro.
Relacionadas:
-
Sara Cortegoso, Arlet Ortiz e Iván García, ao asalto de Bulgaria e Turquía
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso e Arlet Ortiz despídense do Europeo de Pesos Olímpicos de Sarajevo sen opcións de medalla
Por Redacción |
-
Tripla representación pontevedresa no Europeo Sénior de taekwondo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso e Iván García, de concentración nacional en Murcia
Por Redacción |