Sufrida vitoria do Arosa na súa visita ao Estradense (1-2)
Por Almu Dapena
Vitoria de ouro a lograda polo Arosa esta fin de semana na súa visita ao Estradense. Aínda que o equipo local foi superior e mereceu, como mínimo, o empate, os de Rafa Sáez foron máis eficaces para gol e nas súas dúas chegadas con algo de perigo, anotaron os dous goles que lle deron os tres puntos.
A intensidade dos de Rafa Sáez desde o asubío inicial viuse correspondida cun gol aos 9 minutos disputados. Sanabria gañou as costas á defensa do Estradense e bateu a Coke para abrir a lata.
Despois do tanto, as faltas foron as protagonistas do partido, cun Arosa que tentaba frear o ritmo do equipo da Estrada, crecido co paso dos minutos e co gol do empate máis preto. O Estradense meteu o Arosa no seu campo para achicar cada ataque para manter a portería a cero ata chegar ao descanso.
A segunda parte foi un fiel reflexo do final da primeira. O equipo local tomou a iniciativa, encerrando aos de Rafa Sáez na súa área, que estaban a facer un bo traballo defensivo pero sen opcións para o segundo gol.
As sensacións eran de que o Estradense estaba a ser moi superior e, a falta de 10 minutos para a conclusión, lograron plasmar a superioridade co gol de Carabán rematando un saque de esquina.
Co empate, o Arosa deu un paso adiante e, na súa única chegada á área local nesta segunda metade, bicou o santo. Tras unha boa triangulación entre os xogadores do medio campo, Mon enviou o esférico ás costas da zaga para que Kilian sacase un forte disparo co puxo o 1-2 que sentenciou o encontro.
Consulta a acta do Estradense-Arosa
Relacionadas:
-
Arosa e Alondras confórmanse cun empate no último partido da primeira fase de Terceira División (0-0)
Por Redacción |
-
Remontada do Ribadumia no derbi ante o Arosa (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arosa vence o Rápido de Bouzas e está a un paso da fase de ascenso (2-0)
Por Redacción |
-
Atios e Arosa firman un empate sen goles
Por Redacción |
-
O Arosa sentencia á Unión Deportiva Ourense na primeira metade (2-0)
Por Almu Dapena |