O TM Monte Porreiro 'rasca' un punto no seu debut ligueiro, e será anfitrión da próxima xornada
Por Redacción
A primeira concentración da máxima categoría do tenis de mesa nacional masculina tivo lugar a pasada fin de semana na localidade Lles Borges Blanques (Lleida). No grupo 2 da competición, no que está encadrado o TM Monte Porreiro, o ASISA Borges Vall é o primeiro líder único da liga despois de gañar os partidos correspondentes a tres xornadas.
O Visit Pontevedra, que rascou un valioso empate co Arteal Santiago e sufriu unha derrota fronte ao líder, conclúe esta primeira fin de semana de competición na cuarta praza cun punto colleitado.
Máis acertados esperan estar a última fin de semana de marzo, cando os pontevedreses exercerán de anfitrións ao acoller no pavillón de Príncipe Felipe partidos correspondentes á xornada 4, 5 e 6, nas que o cadro da capital recibirá ao Covirán Huétor Vega e ao Servizos Hispalis. Os outros equipos que visitarán a Boa Vila son ADTM Leganés e San Sebastián de los Reyes.
Polas condicións sanitarias, a organización determinou que este ano a competición dispútese por concentracións nas sedes de cada un dos equipos competidores, de modo que durante toda unha fin de semana dispútanse partidos correspondentes a diferentes xornadas.
Relacionadas:
-
Unha vitoria e un empate para o TM Monte Porreiro na Superdivisión
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Unha vitoria e unha derrota para o TM Monte Porreiro na segunda xornada ligueira
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A segunda concentración da Superdivisión masculina de tenis de mesa aterra en Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
A falta de espazo para adestrar afoga o TM Monte Porreiro: "Estamos a denegar entradas ao club, e é unha pena"
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, listo para afrontar a liga de Superdivisión "más fuerte de los últimos años"
Por Diego Espiño |