O Rally de Pontevedra segue adiante con Víctor Magariños na memoria
Por Diego Espiño
Foron unhas horas moi duras para todo o mundo do motor en Pontevedra e en toda Galicia, tras o falecemento do piloto Víctor Magariños mentres recoñecía un dos tramos do Rally de Pontevedra, no que tiña previsto participar.
O suceso, que conmocionou á comarca, fixo á organización do III Rally de Pontevedra - Memorial Miguel Álvarez "valorar todas as opcións posibles", cunha suspensión que planeaba sobre o aire.
Con todo a Escudería Congostra Team Sanxenxo, responsable da proba, anunciou que segue adiante coa mesma despois de celebrar unha reunión de "máis de 4 horas" e de falar "cos compañeiros máis achegados da súa escudería", explican nun comunicado en relación á contorna próxima de Magariños.
A intención por tanto é poder homenaxear ao piloto desde o asfalto e con presenza dos afeccionados, integrantes dun mundo do automobilismo que xa lle brindaron un longo aplauso na súa honra este domingo no seu funeral á chegada do cortexo fúnebre levando ademais o seu coche de competición ata o atrio da igrexa.
A escuadra organizadora, ademais de mandar as súas condolencias e ánimos á familia do falecido, lembroulle como "unha persoa á cal todos os afeccionados do mundo do motor mostrabamos admiración e respecto tanto como o gran piloto que era, como pola súa forma de ser e agarimo cara a todo o mundo do automobilismo".
O III Rally de Pontevedra dará comezo o vindeiro venres 18 de xuño coas verificacións e a cerimonia de saída na Praza do Mar de Sanxenxo, estando prevista a maior actividade durante o sábado 19 con tramos cronometrados en Meaño, Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade.
Relacionadas:
-
A Garda Civil investiga un participante do Rally de Pontevedra por levar falsificado o número de bastidor
Por Redacción |
-
Víctor Senra gaña con autoridade a III edición do Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Rally de Pontevedra, listo para o espectáculo: Estes son os seus horarios
Por Diego Espiño |
-
Falece o piloto Víctor Magariños cando recoñecía o terreo para o Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Ponte Caldelas presenta o paso polo municipio do Rallye de Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanxenxo, "porto base" para un Rallye de Pontevedra que xa quenta motores
Por Redacción |
-
A Escudería Salnés Motor culpa á Federación Galega do conflito polo nome do Rally do Albariño
Por Diego Espiño |
-
O renacido Rally do Albariño pasa a chamarse Rally de Pontevedra por unha disputa de marca
Por Diego Espiño |