Borja Martínez despídese do Pontevedra e pon rumbo a Castelló: "Sólo puedo dar las gracias"
Por Diego Espiño
Poucos serán os futbolistas da tempada recentemente finalizada que sigan defendendo a camiseta do Pontevedra Club de Fútbol.
Salvando aos cinco homes con contrato (Rufo, Charles, Álex González, Romay e Oier Calvillo) e ao renovado Churre, o director deportivo granate confirmou que se negocia a continuidade de dous futbolistas máis. Estes son previsiblemente dous valores novos como Santi Figueroa e Martín Diz.
Ante a falta de interese en moitos casos e a de noticias por parte do club por outros, o resto de xogadores que finalizaban contrato comezaron a buscar acomodo noutros equipos ou a escoitar ofertas.
Neste sentido os primeiros en pechar destino foron Eneko Zabaleta (CD Calahorra) e posteriormente Xisco Campos ao comprometerse co Zamora CF. Agora tocoulle a quenda a Borja Martínez atopando oco nun dos equipos chamado a aspirar ao máximo na Primeira RFEF, o CD Castellón recentemente descendido de Segunda. Fíxoo ademais asinando por dúas tempadas.
O centrocampista, que participou en 23 encontros esta campaña aínda que só en 9 como titular, utilizou as súas redes sociais para despedirse da que foi durante un ano a súa afección.
"Me despido de la que en la última temporada ha sido mi casa y en la que me he sentido como tal. Sólo puedo dar las gracias a todos los componentes del club y a sus aficionados por acogerme tan bien desde el primer día", sinalou o futbolista.
Relacionadas:
-
Óscar Martínez asina co Racing Rioja e Pitu comprométese co Badalona
Por Diego Espiño |
-
Adrián Cruz despídese do Pontevedra e negocia co Arosa
Por Manu Otero |
-
Imanol García, quinta saída do Pontevedra rumbo á Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Jorge Fernández, confirmado como novo xogador do Zamora
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada máis tardía do habitual para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero explica a salida de Luisito: "No tenía contrato, se valoraron cosas y no hubo entendimiento. Ya está"
Por Diego Espiño |
-
Tripla fichaxe no Pontevedra co regreso de Javi Rey e as chegadas de Pablo Cacharrón e Samu
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prescinde de Luisito
Por Manu Otero & Diego Espiño |
-
Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos despídese do Pontevedra: "Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia"
Por Diego Espiño |
-
Eneko Zabaleta pecha a súa etapa no Pontevedra e firma polo Calahorra
Por Diego Espiño |