O Pontevedra 'pesca' de novo no Compostela e ficha o central David Soto
Por Diego Espiño
Nova fichaxe no Pontevedra Club de Fútbol, que acelera na composición do seu novo plantel a pesar de non confirmar aínda ao seu adestrador.
O club granate anunciou este venres a incorporación de David Soto, defensa central que as dúas últimas campañas defendeu as cores da Sociedad Deportiva Compostela.
O defensor ourensán concluía contrato no cadro santiagués, e aínda que contaba coa opción de continuar terminou decidíndose pola proposta que lle fixeron chegar desde o Estadio Municipal de Pasarón, seguindo os pasos do dianteiro Brais Abelenda.
Soto concluíu a súa etapa de formación no Celta de Vigo, club no que debutou na Segunda B da man do filial celeste para despois pasar por Almería B, Boiro, Cerceda e Lorca.
Coa súa incorporación, a sexta neste mercado estival, son xa 17 os futbolistas confirmados polo Pontevedra para o seu próximo proxecto deportivo coas renovacións de Churre, Santi, Martín Diz, Álvaro Cortés e os canteiráns Iñaki e Pacheco, as fichaxes de Brais Abelenda, Diego Seoane, Javi Rey, Pablo Cacharrón e Samu e os cinco futbolistas que contaban con contrato en vigor como son Charles, Rufo, Oier Calvillo, Álex González e Romay.
Relacionadas:
-
Marcos Del Río, nomeado director xeral do Pontevedra CF: "Lo principal es volver a acercar el club a la ciudad"
Por Diego Espiño |
-
Alberto Rubio convértese no sétimo reforzo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero: "Sorpréndeme a presión que se xera sobre este club"
Por Diego Espiño |
-
Lateral zurdo, centro do campo e mediapunta, posicións a reforzar polo Pontevedra no que queda de mercado
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez, novo adestrador do Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Damià Sabater deixa o Pontevedra e xa é xogador do Eldense
Por Almu Dapena |
-
O Racing de Ferrol, primeiro rival confirmado na pretempada do Pontevedra
Por Redacción |
-
Óscar Martínez asina co Racing Rioja e Pitu comprométese co Badalona
Por Diego Espiño |
-
Romay, a mellor 'fichaxe' para o Pontevedra tras recibir a alta médica: "Estarei listo para o inicio da liga, seguro"
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda, quinta fichaxe dun Pontevedra que tamén renova a Iñaki e Pacheco
Por Diego Espiño |
-
Sen adestrador, a 20 días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra renova a Santi, Martín Diz, Álvaro Cortés e anuncia a fichaxe de Diego Seoane
Por Manu Otero |
-
Racing de Ferrol ou Racing de Pasarón?
Por Manu Otero |