As fichaxes do Teucro velan armas para a nova tempada
Por Redacción
A nova tempada na División de Honra Prata está ao virar a esquina para a Sociedad Deportiva Teucro.
A liga non levantará o pano aínda ata o próximo 25 de setembro, cando os azuis debutarán na complicada pista do Zamora, polo que os de Irene Vilaboa afinan estes días a súa posta a punto.
Para iso o cadro teucrista disputará esta fin de semana un encontro amigable a modo de ensaio xeral. Será este sábado ás 19.00 horas fronte ao Carballal de Primeira Nacional, nun duelo ao que poderán acudir exclusivamente socios do club.
Antes desa cita, o Teucro presentou ás súas novas fichaxes nun acto conxunto celebrado na Casa da Luz.
Alí compareceron os gardametas Kilian Ramírez e Joshua Rau e os xogadores Álex Sánchez, Martín Davila, Álvaro Moreno e Gonçalo Moráis, seis pezas novas coas que a entidade espera dar un paso á fronte no crecemento do proxecto e non pasar os apuros da pasada campaña para salvar a categoría.
Relacionadas:
-
Un débil Teucro é dobregado por un moi superior Zamora no primeiro partido de liga (33-26)
Por Almu Dapena |
-
Cisne e Teucro inician o curso con ilusións renovadas
Por Redacción |
-
O Teucro supera o Xiria no primeiro amigable diante da súa afección (31-25)
Por Redacción |
-
Kilian Ramírez, fichaxe para a portería do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa pon deberes ao seu novo Teucro: "Subir a intensidade ao que xogabamos o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro apela a un sentimento "inefable" para captar novos socios
Por Manu Otero |