O actor pontevedrés Francis Lorenzo felicita o Mareantes polo Nadal
Por Redacción
É época de Nadal e tamén o momento de desexarse felices festas e próspero 2022. E unha das felicitacións máis orixinais foi a que lle dedicou o actor pontevedrés Francis Lorenzo ao equipo de rugby do Mareantes.
"Para os meus amigos do Mareantes, orgulloso polo que fan, o meu equipo de rugby preferido. Un forte abarazo a todos", di o intérprete nun vídeo no que se lle pode ver, a continuación, xogando co balón ovalado con varios integrantes das categorías inferiores do club en pleno centro histórico de Pontevedra.
Tras a inesperada e á vez marabillosa vitoria dos M14 contra os nosos compañeiros de @vigorugbyclub, o famoso actor pontevedrés seguidor dos Mareantes, @Francis_Lorenzo, quérevos felicitar as festas. Paz, amor e moito rugby!. Quéresevos.. Quen chega antes? #Mareantes pic.twitter.com/11eAnwnLSE
— Mareantes R.C.P. (@mareantes) December 20, 2021
Coa clásica panxoliña de Mariah Carey de fondo, a peza conclúe co desfile dunha charanga integrada por membros do club polas rúas da zona vella da capital.