Ribadumia e Portonovo repártense os puntos (1-1) nun vistoso partido
Por Redacción
Xusto empate entre Ribadumia e Portonovo nun entretido encontro disputado no campo da Senra.
A pesar do curto do resultado (1-1) ambos os dous equipos gozaron de multitude de ocasións, disparos á madeira incluídos, para desnivelar o choque.
Os equipos repartíronse ata o dominio nun encontro que arrancou co Portonovo máis intenso e mostrándose superior nos primeiros 45 minutos. Froito dese dominio chegou o gol de Silva.
Na reanudación as tornas cambiaron e o Ribadumia fíxose merecedor do empate, que chegou grazas ao tanto de Josiño, pero non puido culminar a remontada a pesar de xogar en superioridade dende o minuto 62 pola expulsión do visitante Suso Vidal.
Ao final repartición de puntos que deixa ao Ribadumia en ascenso directo e ao Portonovo en media táboa.
RIBADUMIA CF (1): Pajarillo, ÿscar Río, Pablo, Álex, Nelo, Giti (Jonathan, min.55), Fran Castaño, Nieto, Fernando, Josiño, Changui.
PORTONOVO SD (1): Marcos, Dopazo, César, Iván (Nacho, min.53), Suso Bea, Suso Vidal, ÿscar García, Silva, Víctor, Suso Martínez (Rodri, min.88), Álex Cubas (Marcos, min.92).
Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Amoestou aos locais Giti e Álex e aos visitantes Suso Bea e Marcos. Expulsou por dobre amarelo ao xogador do Portonovo Suso Vidal (min.62).
Goles: 0-1 Silva, min.18; 1-1 Josiño, min.53.
Incidencias: Partido disputado no campo da Senra, Ribadumia.