Ángel Rodríguez: "El equipo ha vuelto a ser el que era fuera de casa"
Por Almu Dapena
O Pontevedra CF regresou á senda da vitoria gañando con contundencia a un Arenteiro que xogou máis de 20 minutos con nove xogadores sobre o céspede.
"Ha sido un partido muy competido" no que "el resultado no se ajusta a la realidad", explicou Ángel Rodríguez na rolda de prensa de despois do partido. E é que o conxunto do Carballiño viuse condenado por dúas expulsións que, obviamente, "acabaron afectando".
Independentemente da superioridade numérica, o técnico granate asegurou que os seus xogadores entraron "muy metidos en el partido, con mucha intensidad sin dejar hacer el juego que Arenteiro suele practicar en casa". De feito, o persoal estaba "concienciada" de que viñan a un campo "tremendamente difícil y así ha sido".
Con todo, a conclusión á que chegou Rodríguez é que "el equipo ha vuelto a ser el que era fuera de casa, con mucha orden, mucha disciplina y buen manejo de balón" polo que cre que "es algo que nos va a dar muchas victorias".
Pola súa banda, Fran Justo, adestrador do conxunto do Carballiño, considera que o partido "se lo cargaron" e non deixaron "competir al Arenteiro en condiciones".
"Lo que pedimos los profesionales es que nos traten a todos con la misma vara de medir y hoy no fue así", explicou, indicando ademais que as dúas expulsións foron moi determinantes para un dos equipos que "menos faltas hace de todos los de la liga".