Segundo posto para o equipo infantil do CN Galaico no autonómico de inverno
Por Redacción
O CN Galaico pechou a súa participación no campionato galego infantil celebrado a pasada fin de semana en Ourense en segunda posición. Na piscina Rosario Dueñas disputouse tamén a Copa Sénior, na que Antía García logrou o subcampeonato.
Na categoría infantil, tanto o cadro masculino como o feminino acabaron a competición en segunda posición, por detrás do Ferrol e do Portamiñá, respectivamente.
O máis destacado da participación do CN Galaico é que todos os seus nadadores lograron bater as súas propias marcas e catro delas lograron a mínima para o campionato de España de Inverno que se celebrará en Cádiz o próximo mes de marzo. Gisèle Rocha, Sofía Barros, Paula Fariña e Gabriela Simon son as catro deportistas que xa teñen o seu pasaporte para o nacional.
En categoría júnior os resultados non foron tan positivos. Cun plantel de só 4 nadadoras e 2 nadadores, os pontevedreses tiveron que conformarse co sétimo posto no ranking xeral, un quinto no feminino e o úndécimo posto na modalidade masculina.
En total, o CN Galaico regresou a Pontevedra con seis medallas de ouro, oito de prata e seis de bronce. A expedición estivo integrada por 23 nadadores: 16 infantís, 6 júnior e unha senior.
Relacionadas:
-
Dous récords galegos e tres postos de finalista, balance do Natación Galaico no Campionato de España Open
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Nacional de Inverno Máster de Natación regresa a Pontevedra en busca da normalidade
Por Redacción |
-
O Natación Galaico ponse a ton en Póvoa de Varzim
Por Redacción |