O 'virus FIFA' afecta o Unión Adarve, que perde ao tailandés Channarong para a súa visita a Pontevedra
Por Diego Espiño
É pouco habitual que na cuarta categoría do fútbol español un equipo perda a un xogador por compromisos internacionais, pero é o que lle pasará ao Unión Adarve cun dos seus futbolistas de cara ao importante partido de liga na Segunda RFEF do próximo domingo 27 de marzo (19.00 horas) contra o Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón.
O conxunto madrileño, líder con 6 puntos de vantaxe sobre os granates, contará cunha baixa debido ao 'virus FIFA', a do tailandés Channarong.
A piques de cumprir os 21 anos o futbolista do Adarve recibiu a chamada do equipo nacional sub-23 do seu país para competir estes días na Copa Dubai, na que Tailandia medirase ás seleccións de Qatar (23 de marzo) e China (26 de marzo), este partido só un día antes de que o equipo de Channarong xogue en Pontevedra.
Aínda que se trata dunha situación curiosa, o certo é que o xogador tailandés non viña actuando asiduamente nos últimos encontros, participando desde o inicio de 2022 en só catro partidos partindo en todos eles desde o banco, incluída a última xornada contra o Salamanca. En total este curso disputou 11 partidos de liga, 7 deles como titular antes do parón invernal habendo sumado un gol.
Nuestro futbolista CHANNARONG ha sido convocado con la selección de Tailandia sub-23 ¡Orgullosos de ti! A competir y disfrutar #ForzaAdarve pic.twitter.com/LxalWm3KmK
— Unión Adarve is all in (@UnionAdarve) March 21, 2022
Relacionadas:
-
O Pontevedra honra o seu eterno capitán cunha épica remontada diante do líder (3-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez pide un público "ansioso e con ganas de animar" para recibir o Unión Adarve nun partido que "son máis que tres puntos"
Por Diego Espiño |
-
Unha entrada gratis por cada socio do Pontevedra para a 'final' fronte ao Unión Adarve
Por Redacción |
-
A enésima oportunidade perdida do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Empate con sabor a derrota do Pontevedra na reinauguración do Vao (2-2)
Por Manu Otero |