Pontevedra e Poio acollerán o Europeo de fútbol gaélico no mes de xullo
Por Redacción
Entre outras moitas cousas a irrupción da pandemia levou por diante un bo número de eventos deportivos programados na comarca.
Un deles era o Campionato de Europa de Selección de Fútbol Gaélico, nunha modalidade deportiva con raíces en Irlanda pero que se arraigou nos últimos anos con forza por toda Galicia, e que ía acoller Pontevedra.
Agora, dous anos despois, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) anunciou que recupera a organización deste Europeo, que se celebrará finalmente na Boa Vila pero tamén no municipio veciño de Poio do 14 ao 17 de xullo.
Ademais o evento contará esta vez coa oficialidade da GGE (Gaelic Games Europe) e da Gaelic Athletic Association (GAA), o que supoñerá a participación dun maior número de equipos.
Este Campionato de Europa será o primeiro gran evento do fútbol gaélico europeo tras a celebración do Mundial 2019 en Irlanda.
Relacionadas:
-
Galicia triunfa no Europeo de Fútbol Gaélico celebrado en Pontevedra e Poio
Por Redacción |
-
Intensa xornada inaugural do Europeo de Fútbol Gaélico en Pontevedra e Poio
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
400 deportistas chegan a Pontevedra para participar no Europeo de fútbol gaélico
Por Diego Espiño |
-
A TVG retransmitirá as finais do Europeo de Fútbol Gaélico que se xogará en Pontevedra e Poio
Por Redacción |
-
Galicia, a por todas no Campionato de Europa de Fútbol Gaélico que se xogará en Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra organizará en xullo o Campionato de Europa de Fútbol Gaélico
Por Diego Espiño |