Pontevedra chora a perda de Cholo: "Todos nos sentimos orgullosos del"
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O falecemento de Eduardo Dapena Lis, coñecido popularmente como 'Cholo', sentiuse en toda a cidade. A perda do eterno capitán do Pontevedra CF, o gran referente da época máis gloriosa do club, deixa un oco imposible de borrar no corazón dos pontevedreses.
En nome de toda a cidade, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo despedir a un home "do que todos os pontevedreses sentimos orgullosos".
"Foi un referente deportivo para todos nós", sinalou Fernández Lores, que destacou especialmente que era unha persoa "moi cariñosa" que, ata que a enfermidade llo impediu, non deixou de acudir a Pasarón para apoiar ao equipo da súa vida.
Con el á fronte do equipo, o Pontevedra "viviu as súas épocas máis gloriosas", segundo o rexedor, que aspira a que "haxa máis xente como el" para que o club repita xestas históricas.
Tras coñecerse a noticia da morte de 'Cholo', o Pontevedra Club de Fútbol quixo resaltar, a través das súas redes sociais, que "o seu legado de humildade, valores, entrega e granatismo acompañarannos sempre".
La familia del Pontevedra CF lamenta comunicar el fallecimiento de Eduardo Dapena Lis, 'Cholo', capitán del Hai Que Roelo y actual Presidente de Honor del club. Su legado de humildad, valores, entrega y granatismo nos acompañarán siempre. DEP, Gran Capitán. pic.twitter.com/nPCBpm65d8
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) March 27, 2022
Desde primeira hora deste domingo, foron moitos os afeccionados que quixeron mostrar o seu pesar pola morte do que, desde 2011, era o presidente de honra do club. As mostras de condolencias á familia foron constantes.
A Xunta de Galicia tamén se sumou a este pesar e subliñou que o "gran legado" persoal e deportivo de Cholo "permanecerá sempre ligado á vila de Pontevedra e ao equipo granate", segundo afirmou o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa.
"Historias de pioneiros como Cholo son as que precisan os nosos pequenos e pequenas para que cada vez haxa máis nenos que queiran imitar os pasos das grandes iconas de Galicia", apuntou o dirixente autonómico.
Tamén a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, compareceu en rolda de prensa despois da vitoria do equipo granate fronte ao líder Unión Adarve para despedir, sen poder conter as bágoas, ao presidente de honra da entidade cunhas emotivas palabras.
"Hoxe Cholo foise e esta mañá cando mo dixeron sabía que el nos ía a axudar desde arriba. Souben que este partido iámolo gañar porque Cholo ía axudar. Por iso quero dedicarlle este triunfo", dixo coa voz entrecortada a mandataria, quen lembrou tamén o apoio que o histórico capitán do Hai que Roelo brindou a esta directiva desde a chegada de Murillo á presidencia.
Emotiva mensaxe da presidenta do @PontevedraCFSAD Lupe Murillo para "Cholo", o Presidente de Honra do club falecido esta mañá
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 27, 2022
O partido contra o @UnionAdarve foi dos do "Hai que Roelo" https://t.co/6TZMgqRtT2 pic.twitter.com/G6oahSRfwH
Relacionadas:
-
Falece Neme, lenda do 'Hai que roelo' e único internacional español absoluto na historia do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O espírito de Cholo descansa para sempre no seu querido Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Último adeus a Cholo, histórico capitán do Pontevedra do Hai que Roelo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Santa María acollerá o vindeiro luns 4 de abril un funeral na memoria de Cholo
Por Redacción |
-
Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo
Por Diego Espiño |