O Xuvenil do Teucro métese no Sector Nacional e o club pide celebralo en Pontevedra
Por Manu Otero
O equipo xuvenil do Teucro logrou a pasada fin de semana a clasificación para o Sector Nacional, que dará acceso a xogar o campionato de España e que se xogará entre o 22 e 24 de abril.
O pase a este playoff conseguírono despois dunha fin de semana maratoniana no pavillón do Gatañal, en Cangas, no que os azuis derrotaron ao Balonmán Tui (25-24) en semifinais, pero caeron na final contra o Balonmán Luceros (35-33). Aínda así, o primeiro triunfo xa lles asegurou a presenza na fase de ascenso ao campionato estatal, no que catro equipos pugnarán pola promoción.
O premio ao mellor xogador da fin de semana foi para o teucrista Sergio Blond, xuvenil de segundo ano que frecuenta adestramentos e convocatorias de partido co primeiro equipo do club.
Co billete para a fase de ascenso debaixo do brazo, Teucro e Concello de Pontevedra apresuráronse para solicitar á Real Federacion Española de Balonmán a celebración do devandito sector en Pontevedra.
Caímos al final del partido pero con el trabajo hecho
— Sociedad Deportiva Teucro (@sdteucro) April 3, 2022
Final 4 Xuvenil Masculina
Final
BM Luceros 35:33 sdteucro
Enhorabuena
A pensar en el Sector pic.twitter.com/iWBB8Rk4BL