
© PontevedraViva
A choiva obriga a pospoñer a xornada inaugural do programa de fútbol a pé

Por Redacción

© Concello de Pontevedra
As malas condicións meteorolóxicas previstas para este venres en Pontevedra levaron á concellería de Deportes a pospoñer a primeira das xornadas de fútbol a pé, que estaban previstas para o día 8.
Esta actividade, incluída na campaña municipal A Vida é Movernos, trasládase ao venres 22 de abril co mesmo horario: de 16 a 21 horas.
O fútbol a pé é unha variante do fútbol na que non se pode correr nin tocar ao rival. Unha modalidade integradora na que non importa a idade, a condición física nin o xénero. Unha disciplina física que cada día suma máis adeptos e que se dará a coñecer con tres xornadas de exhibición en Pontevedra.
As outras dúas actividades están previstas para os días 20 de maio e 19 de xuño. O prazo de inscrición, a través do correo futbolapie@gmail.com, xa está aberto.