O desastre do Teucro continúa en Córdoba (39-33)
Por Almu Dapena
A Sociedad Deportiva Teucro segue sumida nunha auténtica catástrofe que parece non ter fin. O cadro pontevedrés, a pesar de plantarlle cara durante a primeira metade ao Cajasur Córdoba, perdeu o rumbo tras o descanso e volveu perder para seguir complicando a súa permanencia en División Honra Prata.
O Teucro non arrincou ben o partido. De feito, atopábase impreciso para portería e vía como o Córdoba conseguía a primeira renda de tres goles aos cinco minutos de xogo (6-3). Pero botáronse ao equipo encima Alejandro Pereiro e *Álex Sánchez en ataque e Joshua Rau baixo paus, parando un sete metros de Raul Morais que permitía aos pontevedreses poñerse por diante por primeira vez na tarde de sábado cun lanzamentos de Gonçalo (6-7).
Entrou o duelo nunha continua repartición de golpes por parte de ambas as escuadras, onde cada gol anotado por Teucro era respondido da mesma forma por Cajasur, e viceversa (17-16). De feito, non foi ata os últimos 5 minutos do primeiro tempo cando os locais atoparon na exclusión de Caue Herrera a súa oportunidade para descifrar a defensa teucrista e superala como un auténtico furacán para colocar o 21-17 co que se alcanzou o descanso.
Despois do paso polos vestiarios o cadro local non tivo rival. Fortaleceu o seu defensa e converteuse en muro durante os primeiros dous minutos, pero xa endosaran un parcial de 3-0 que complicaba a vida a un Teucro obrigado a reaccionar (24-17).
E fíxoo da man de Caue, Gonçalo e Martín Davila, pero o Cajasur parecía que xa tiña os deberes feitos e só tivo que ter paciencia e alongar os seus ataques para rascar o maior tempo posible (29-22).
Corría o minuto 10 da segunda metade e Irene Vilaboa cambiou a defensa, respondendo así con rápidos roubos para complicar ao Córdoba para portería (30-25).
Fixo o propio o técnico local #ante a impasividad dos seus en ataque, contrarrestando a formación da zaga dun Teucro que, pola contra, empezaba a estar incómodo para gol (34-27) e obrigaba, unha vez máis, a que Vilaboa parase o partido.
Tirou de garra e orgullo o cadro pontevedrés e reduciu distancias cun parcial de 0-3, pero os locais, lonxe de baixar os brazos, continuar de forma notable sen perder efectividade e noquear ao Teucro por 39-33.
Relacionadas:
-
O Teucro segue o seu camiño cara o abismo e perde contra o Alarcos Ciudad Real (32-26)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro descende a Primeira Nacional (30-36)
Por Almu Dapena |
-
Saídas difíciles para un Teucro coa auga ao pescozo e un Cisne metido na pelexa polo ascenso
Por Redacción |
-
A Federación concede ao Cisne a organización do seu Sector Nacional e o Teucro terá que viaxar a Zarautz
Por Manu Otero |
-
Continúa a crise do Teucro tras caer no Municipal contra o Esplugues (22-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Sarrià complica a permanencia do Teucro (25-21)
Por Almu Dapena |