A Asociación de Hoteis apoia aos clubs afectados polo peche da piscina olímpica: "Xeran un gran impacto económico"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
O peche da piscina olímpica de Ponte Muíños segue afectando a deportistas e clubs de Pontevedra, que se tiveron que trasladar á Escola Naval e ao CGTD para adestrar. A eles están a sumar outros sectores como o turístico, que se está vendo prexudicado pola situación.
É por iso este venres que a Asociación de Hoteis de Pontevedra reuniuse co representante da Fundación Rías do Sur, Héctor Vilariño, co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de deportes, Tino Fernández, e os presidentes do Club Galaico, Club de Waterpolo e do Club Sincronizada de natación para trasladar o seu apoio a todos os afectados polo peche da piscina.
Durante a reunión celebrada no Hotel Galicia Palace, a representante da Asociación mostrou o seu apoio a todos os afectados e ofreceuse a "colaborar activamente na reestruturación das instalacións e na organización de próximos eventos de natación". Destacou a "gran capacidade dos clubs para atraer e organizar eventos deportivos que, ademais de beneficiar aos propios deportistas, xeran un gran impacto económico en comercios, hoteis, restaurantes e outros servizos".
Pola súa banda, Héctor Vilariño insistiu en que seguen á espera de se a empresa concesionaria "se digna a responder o 1 de maio" e "retomar a prestación por servizos" que estaba a realizar.
Mentres tanto, a situación obriga á Fundación para "seguir os pasos que nos recomendan asesores xurídicos e esperamos contar coas asociacións presentes para abrir canto antes". De feito, "esperamos e desexamos que para próximo mes clubs poidan retomar a actividad e, despois de facer certas reparacións, ver a posibilidade de que unha nova empresa do sector poida adquirir a concesión e que a próxima tempada clubs poidan adestrar".
Tamén o alcalde de Pontevedra e o tenente de alcalde mostraron o seu apoio a todos os afectados e criticaron duramente a "mala xestión" realizada pola empresa concesionaria á hora de "captación de socios ou mantemento da piscina, que era a súa obrigación". Insistiron, ademais, en que estiveron a facer trámites para " desligar os gastos da piscina e calcular unha cifra razoable para facer un convenio" que beneficie a todos xa que "xestionando ben a piscina poderían estar todos os clubs".
"Non podemos perder unha instalación desta categoría; non podemos deixala morrer e que non estea en funcionamento". Queren "chegar a un acordo cunha cifra razoable e que outra empresa fágase cargo do investimento e do mantemento" algo no que "aí estamos. O Concello está disposto a facer un investimento económico. Isto é un deporte importante, hai moitos nenos e nenas facendo deporte, moitos clubs e entendemos que ten repercusión e retorno importantísimo para a cidade".
Finalmente, os representantes dos clubs Galaico, Waterpolo e Sincronizada agradeceron o apoio e aseguraron que "sairemos a defender os campionatos como podamos" e que están "á espera de que se arranxe canto antes".
Relacionadas:
-
O conflito de Rías do Sur, nas mans dos asesores xurídicos
Por Almu Dapena |
-
BeOne abre a porta para asumir a xestión da piscina olímpica de Pontemuiños
Por Manu Otero |
-
Os nadadores seguirán un mes máis nas piscinas do CGTD e a Escola Naval á espera de resolver o conflito en Rías do Sur
Por Redacción |
-
O clamor dos clubs deportivos polo peche de Rías do Sur percorre as rúas de Pontevedra
Por Cristina Saiz & Diego Espiño |
-
Cruzamento de declaracións entre o Galaico Sincro e Supera polo peche de Rías do Sur: "Non secuestramos nenos"
Por Diego Espiño |
-
O deporte de elite, intranquilo polo peche de Rías do Sur: "Víase vir hai tempo que isto ía ser peor que o Titanic"
Por Diego Espiño |
-
Clubs e deportistas, na estacada polo peche da piscina olímpica: "Poden chegar a desaparecer os clubs"
Por Diego Espiño |