Destacable actuación do Froiz na Volta Ciclista á Coruña
Por Redacción
Destacable actuación a realizada polo Grupo Deportivo Supermercados Froiz na XIX edición da Volta Ciclista á provincia da Coruña disputada esta fin de semana.
A primeira cita gañouna o estadounidense Cole Davis, que desde que chegou ao Vigo-Rías Baixas fíxose con catro podios en cinco carreiras disputadas entre os que destaca o deste sábado, accedendo á meta en solitario en Ortigueira para converterse no primeiro líder da rolda galega.
O terreo foi do todo sinuoso con subida ao alto de Cruz Encarnada e cheo de repechos camiño de Valdomiño, que a pesar de parecer problemáticos á hora de disputar a carreira, os ciclistas foron capaces de manter en todo momento un ritmo elevado que impediu que os intentos de escapada non levasen a cabo.
Só cando deixaron atrás Valdoviño, un grupo numeroso de 30 ciclistas conseguiron escaparse chegando a contar con 3 minutos 40 segundos sobre os perseguidores. Entre eles estaban os deportistas do Froiz Raul Casalderrey, Gonzalo Inguanzo, Miguel Rodríguez, José Autrán e Diego Lazaro.
Pero a medida que avanzaban os quilómetros era o Vigo-Rías Baixas o que tomaba as rendas principais, limando a vantaxe para case neutralizar aos de punta no arranque de Serra da Coriscada, última dificultade do día.
Emerxeu aí, a figura de David Delgado (Bicicletas Rodríguez-Estremadura) que completaba unha sensacional subida, saltando desde atrás para pasar a todos os fuxidos e plantarse en solitario na cima do porto a 30 quilómetros de meta.
Con todo, o camiño foise facendo cada vez máis difícil. O forte vento de fronte poñía en problemas aos corredores, que se tiñan que esforzar para conseguir o seu labor e volvíanse a xuntar nun grupo de 30.
A escapada final chegou nos últimos 10 quilómetros, con Cole Davis (Rías Baixas) realizando a mellor escapada para atravesar a liña de meta con 10 segundos de vantaxe sobre o ciclista do Froiz, José Autrán. Terceiro foi Natxo González do Caixa Rural- Alea.
Na segunda xornada da Volta Ciclista a Coruña viviuse un non parar de ataques e cortes nos que destacou un grupo de 30 homes entre os que se chegaba Diego Lázaro.
Quedaban 70 quilómetros e o Froiz conseguiu establecer un ritmo moi forte recortando tempo que permitía deixar a José Autrán moi ben colocado na chegada ao porto.
Unha vez alcanzado o Alto da Curota, un grupo de escapados rompeu para afastarse máis dun minuto sobre o pelotón.
Chegou en solitario o corredor do Estremadura, David Delgado, que levou o triunfo da xeral mentres Diego Lázaro convertíase no mellor do Froiz cun top15.
COPA DE ESPAÑA DE MALLORCA
Pola súa banda, Aroa Otero e Uxía Soto disputaron a Copa de España en Mallorca, onde se fixeron co segundo posto en categoría cadete e o terceiro junior respectivamente.
Con estes resultados, Aroa mantense líder da copa e Uxía colócase a escasos puntos de ser líder na súa categoría.
Relacionadas:
-
Recta final na tempada do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
Aroa Otero dálle ao Froiz o título cadete da Copa de España de BTT
Por Redacción |
-
Dobre medalla para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Raúl Casalderrey, do Froiz, terceiro clasificado sub 23 no Campionato de Galicia
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz lucirá o logo de Combarro na súa equipación
Por Redacción |
-
Uxía Soto e Aroa Otero afianzan ao Froiz no liderado do ranking júnior e cadete da Copa Galicia de BTT
Por Redacción |
-
O espírito de superación e deportividade de Magín invade a posta de longo do Supermercados Froiz
Por Manu Otero & Mónica Patxot |