Empeza a liga sub-18 para o Pontevedra Rugby Club
Por Redacción
Despois dunha longa pretempada, iniciada no mes de agosto, o equipo sub-18 do Pontevedra Rugby Club afronta o inicio da competición oficial co obxectivo de repetir o título galego logrado a pasada campaña.
Non será doado para o conxunto lerezano, que sufriu unha profunda renovación tras o salto ao primeiro equipo dunha parte dos xogadores.
No seu primeiro compromiso o Pontevedra RC recibirá en Monte Porreiro (domingo 12:00 horas) ao Vigo Rugby.
Os outros dous rivais do grupo 1 son o CD Ferrol e o CRAT Negro, mentres no grupo 2 quedaron encadrados o Campus Ourense, Os Ingleses, CR Lalín e CRAT Azul.